Era abertamente homosexual: “Su homosexualidad, a diferencia de la del poeta, era ostentosa, bastante camp y nada cauta, y algunos amigos de Federico [...] se sentían ofendidos por sus modales, que les parecían insolentes y hasta vulgares. Lorca no les
hizo caso [...] y llegó a considerarle divertido y estimulante” (...). Fue “de los íntimos amigos de Lorca, quien más abogó porque la crítica tuviera en cuenta la homosexualidad del poeta”
Nas cartas de EBA a Federico podes atopar quen foi o historiador que deu estes datos sobre el. Escribe o seu nome na tarefa.
Blanco Amor lle mandou unha carta a Lorca ao regresar a Arxentina e descubrir que o home que quería atopara outro amor, era algo moi sorprendente naquela época na que falar de relacións homosexuales era algonon aceptado.
Copia na túa tarefa esta confesión do documento das cartas, douche unha pista, busca na páxina 121.
Aínda que EBA negou que as súas novelas fosen autobiográficas o personaxe dun rapaz amanerado que crece na cidade de Ourense e que di o seguinte "A mí no me podían ver y, con esa predisposición de la gente rŭstica a confundir las buenas maneras con el afeminamiento, me llamaban "Sarita" y "Xan-por-entre-elas" (La catedral y el niño p. 150), non pode máis que evocarnos a súa infancia. Como exemplo compartir convosco este pregón do primeiro regreso de Blanco Amor a Ourense, en 1928 "Chegou o Eduardiño, o fillo da florista, e vén feito un cabaleiro con zapatiños de puta". Tal e como asegura Óscar Iglesias en El País: "Que o fillo de Aurora Amor era homosexual sabíase na cidade desque, con 16 anos, colle o primeiro tren cara algures e remata preto da estación de Guillarei. Alí intercede ante a Garda Civil o médico dos pobres, Darío Álvarez Limeses, que lle dá acubillo e cartos para volver á casa.
Pasando o tempo a profesión da súa nai e o seu apelido convertéronse noutro alcume despectivo que, as súas costas, según conta José Carlos Alonso, se lle adedicou nunha tertulia de intelectuais en Vigo.
Escribe na túa tarefa cal era ese mote, quen llo puxo?
Nalgún momento da súa vida tivo que fuxir para non ser agredido, así o conta na correspondencia a Lorca páxina 120.
Querido Federico:
¡Mira donde he venido a parar, hombre! Me han traído unos amigos indianos; pues, a su paso por Vigo, oyeron decir, por casualidad, que unos oficialillos iban a agredirme en pandilla y vestidos de paisano. ¡Qué valientes!
Escribe na túa tarefa a onde e cando tivo que fuxir EBA?
Xa de maior, retornado en Ourense conta Arturo Baltar, escultor: "El ía moito pola praza de abastos. Un tipo parouno na alameda para dicirlle 'maricón'. Eduardo díxolle 'envexoso'".
Vicente Molina Foix no seu artigo fala dun "epéntico gallego muy estupendo que es Eduardo Blanco Amor" Escribe na túa tarefa que significa Epentismo según Molina Foix e quen foi o seu inventor.
Neste artigo podes atopar máis datos sobre Epentismo que debes incluir na túa tarefa.
Que outros nomes utilizaban os homosexuais para agruparse sen ser censurados? Hoxe en día pasa esto?
Que fixo a Guerra Civil con todos estes epentes?
Se queres saber máis AQUÍ
Comments