Blanco Amor....ese epente
Unha web quest do EDL EPAPU OU
ILUSTRACIÓN DE p_carreiro PREME PARA VER MÁIS
O estatuto de 1936, coincide en data co orgullo LGTBIQ, 28 de xuño, e ademais o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e tamén o Día Internacional contra a LGTBIfobia. O obxectivo desta xornada é sensibilizar á sociedade contra a discriminación do colectivo LGTBI a través da información, reflexión, reivindicación e denuncia contra as agresións físicas, psicolóxicas, intelectuais e morais das persoas pola súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.
Estas dúas coincidencias fixéronnos reflexionar e buscar no noso país de referencia figuras que nos representen nestas loitas. E atopamolo ben preto de nós, en Ourense: "Galegos que cambiaron muiñeiras por tangos, obrigados por un desexo de liberdade que todos compartimos nalgún momento da nosa vida. Temos unha débeda con estas referencias que esquecemos quizais inconscientemente. Unha débeda con persoas como Eduardo Blanco Amor" Fran Fernández. Presidente Pvlse Vigo