top of page

QUE IMOS FACER?

PENSATIVO.jpg
EBA recitando para Rosalia
00:00 / 03:59

Esta webquest está organizada polo EDL da Epapu de Ourense e os Departamentos de Lingua Galega e Filosofía que coordinaron os seus esforzos en deseñar unha serie de tarefas que atoparas secuenciadas na segunda pestana deste apartado que nos permitirán:

-Coñecer as circunstancias biográficas de Eduardo Blanco Amor.

-Relacionar a súa figura coa cidade de Ourense.

-Descubrir desde a súa experiencia vital aspectos da política e da realidade social da época.

-Coñecer a súa obra e identificar espazos literarios e reais da nosa cidade.

-Saber porque Blanco Amor era un epente e a relación con outros literatos e intelectuales da época que tamén se denominaron así.

-Blanco Amor é unha figura fundamental das nosas letras, pero este ano, por que lembramos a sua figura o día 17 de maio?

Esperamos que podas iluminar todos estes aspectos e que ao tempo desenvolvas os sentimentos de empatía, respecto e amor cara ao noso epente que nos levaron a nós a crear esta webquest. 

Escoita a súa voz no audio que tes nesta páxina.

bottom of page