A súa infancia, adolescencia, o seu espertar á vida e á escritura.
Comezamos a tarefa polo principio, nesta foto podedes ver ao protagonista desta historia, Eduardo Blanco Amor. Aquí está retratado coa súa nai e irmáns.
Poderías poñerlle nome a todos eles? Consulta o texto de Gonzalo Allegre Otero e intenta dicir quen é quen nesa imaxe.
Continúa facendo unha breve reseña da súa vida, podes orientarte seguindo esta web "Mar Maior"
Dúas das súas obras falan da infancia dun rapaz galego marcado por unha circunstancia vital que comparten con Blanco Amor: a ausencia da figura paterna. Nesta ligazón podes atopar cales son eses libros.
Estaba de acordo EBA con este paralelismo? Víase reflexado nas súas novelas? Podes procurar a súa opinión na entrevista que deu ao Xornal El país.
Para rematar esta primeira aproximación ao noso protagonista imos facer de detectives, ista é a placa que podes ver na Rúa Lepanto 27 de Ourense. Visita a Galeria de Imaxes para vela. No Roteiro poderás sacar unha fotografía e poñela no teu documento, ou utilizar esta mesma se non podes ir ao roteiro. Pero a foto que máis nos interesa é outra. Onde naceu realmente Eduardo? Consulta o artigo de Monxardín e o texto de Allegre Otero e engade unha foto de onde debería estar esta placa.
Outro misterio, en que ano naceu Blanco Amor? Por que nas súas obras di que naceu no 1900? Na última entrevista que concedeu antes de finar hai un apartado "Los proyectos dun octogenario" onde a entrevistadora di que no ano 1980 cumplirá 80 anos, erro da periodista ou quizais ten outra explicación... No artigo de Monxardín tes unha pista, e neste Blog.
Se empezamos co seu nacemento imos rematar esta aproximación biográfica co seu pasamento. Morreu en Galicia pero onde e cando? Neste ARTIGO de Umbral podes ler como llo contou Javier Alfaya. Copia as súas palabras e as de María Xosé Queizán na resposta á primeira pregunta que lle fan nesta ENTREVISTA. Imaxinabas así a morte de Blanco Amor?
Como responde María Xosé Queizán a esta pregunta: Que lle pasaba a Eduardo para que non fose aceptado pola oficialidade cultural?
Así o conta Suso de Toro: "Abandona a pista de baile o impertinente, o arribista, petimetre, insolente. Eduardito, bailaches de carallo. Arrasaches cos teus zapatiños de charol. Bravo!" Un curioso epitafio, escrito con ironía e amargura.
Cal é o epitafio que hai na sepultura de Blanco Amor no Cemiterio de San Francisco? Inclúe unha foto.
Comments