top of page
Buscar
Foto del escritorEDL_EPAPU_María Miguélez

TAREFA 4. Orgullo gai

Blanco Amor como icona do homosexual sen prexuizos consciente da forza do seu obrar «Les estorbaba mi gesto libre»

Un casino da Granada de provincias entran dous homes, Federico García Lorca e Eduardo Blanco Amor. O ourensán era incluso «un homosexual desinhibido y, por tanto, una rareza» naquel maio de 1934, segundo recolle Ian Gibson en Poeta en Granada. Foron interpelados por un terceiro home, anónimo a ollos da historia, que lles preguntou: «Dicen que ustedes los poetas son maricones». «¿Y qué es ser poeta?», respondeu Lorca, facendo súa a retranca, malia non ser el o galego do dúo protagonista.

En 2016 Siro conta en La Voz de Galicia que presentou a un alcalde de Ourense un proxecto dunha mostra de retratos de Blanco Amor con homosexuais e lesbianas amigos ou que puideron selo: Lorca, Cernuda, Aleixandre, Gil Albert, Emilio Prados, Rafael de León, Miguel de Molina, Benavente, Serafín Fierro, Bouza Brey, Arturo Baltar, Victoria Kent, Elena Fortún, Matilde Ras, Lucía Sánchez Saornil... A exposición estaría acompañada de conferencias, debates, recitais, actuacións musicais...e sería o preludio dun Día do Orgullo Gay galego.

A quen presentou esta idea?

Elixe de todas as fotos que hai na galería de imaxes unha e deseña con ela un cartel dun posible día do orgullo gay galego para o 2023. Pega unha imaxe do resultado na túa tarefa.

Grazas ao departamento de documentación da Deputación de Ourense podemos contar coa derradeira entrevista realizada a Blanco Amor. Nela a periodista pregúntalle ¿Por qué causas saldría usted a la calle en manifestación?

Copia na túa tarefa a resposta de Blanco Amor.

Cres que estaría de acordo coa proposta de Siro dun día do Orgullo Gay galego?

Por que?


29 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page