top of page
Buscar

TAREFA 6. Artista multifacético: Fotografía

  • Foto del escritor: EDL_EPAPU_María Miguélez
    EDL_EPAPU_María Miguélez
  • 3 may 2022
  • 1 Min. de lectura

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. A pesares de que en vida Blanco Amor non fixo pública a súa inclinación fotográfica, nunha carta enviada a Isaac Díaz Pardo a finais dos 60 e comezos dos 70 o escritor laiase de que as súas 3.000 fotos "estén apiladas en el trastero de una botica viguesa".

Analiza na túa tarefa esta foto que sacou a Castelao, que ves nela? que che transmite?





 
 
 

Comments


© 2022 EDL EPAPU OURENSE. Creado con Wix.com

bottom of page